CCU AEVER

Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

Éxito do desfile Verín de moda 2016

28/09/2016 | CCU AEVER Verín

O sábado 24 de setembro o pavillón dos deportes de Verín convertiuse por unhas horas nunha auténtica pasarela de moda na que diferentes establecementos asociados a AEVER mostraron as súas coleccións de moda. Tamén participaron negocios relacionados coa decoración e florería creando un escenario único para inaugurar o recén estreado outono.

Máis de dúas mil persoas asisitiron á cita, na que desfilaron modelos profesionais e nenos e nenas da comarca, que anteriormente prepararan o evento no casting infantil.

A presentación do evento este ano foi da man da presentadora, modelo e actriz Diana Nogueira, e Hugo Torreiro, o cantante e compositor galego actuou en directo.

Tamén estivo presente o evento fora do escenario, nas redes sociais, coa etiqueta #VeríndeModa, coa que as persoas que non puideron asistir tiveron a oportunidade de estar conectados coa gala. Con esta mesma etiqueta os próximos días preténdese continuar poñendo en valor nos medios dixitais a marca do comercio local de Verín: igual que na edición anterior de Verín de Moda realizarase un álbum de fotos dixital de recordo do evento no que calquera persoa que queira participar pode aportar as súas imaxes, a través do Facebook de CCU AEVER Verín.

Para ir abrindo boca, o fotógrafo Borys Martínez aporta unha selección de imaxes da gala.

Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016
Verín de moda 2016

Archivado en:Blog, Campañas Etiquetado con:2016, campañas, moda, Verín

  • Inicio
  • Nós
  • Asociados
  • Servizos
  • Promocións
  • Aulas vivas
  • Actualidade
  • Contacto

CCU Verín

Centro comercial urbano de Verín

AEVER

Asociación de empresarios/as de Verín

Rúa Doutor Pedro González, 5 Verín (Ourense)
988 41 42 89
630 35 48 69
info@ccaverin.com

Polítca de privacidade - Aviso legal - Cookies

Deseño web: Sendadixital