O día 5 de maio, sendo o primeiro domingo do mes de maio, celébrase o Día da Nai. Dende o comercio local sabemos que queres facerlle un regalo moi especial e traemos boas novas, porque máis de 40 establecementos permanecerán abertos o sábado pola tarde. Nestes establecementos poderedes atopar todo tipo de ideas para elas: […]
AEVER participa un ano máis na feira solidaria de Verín
Estaremos na praza García Barbón, de 10:00 a 20:00. Como en edicións anteriores, participamos na feira solidaria de Verín, onde xunto a outros oito colectivos moi diversos estaremos presentes para dar información sobre a actividade da asociación, repartir os novos rueiros coa información dos socios e socias e colaborar solidariamente cunha fundación comarcal que traballa […]
CCU AEVER Verín trae a ledicia do Nadal
A pista de xeo e o sorteo de mil euros por mercar en Verín xa definen tanto o noso nadal en Verín como poden ser os turróns, os reis magos ou as uvas de fin de ano. Por iso e porque non hai nada máis bonito que ver ós cativos e cativas disfrutar, unha vez […]
Black Friday 2018 en Verín
O comercio local de Verín, participa no evento global Black Friday, celebrando o seu propio venres de descontos. Aínda que é unha iniciativa orixinaria doutro país, Aever apostou unha vez máis por realizar este evento para dinamizar o comercio na vila, e atraer ao público das cidades veciñas. Tras a impactante campaña na que representamos […]
Aever colabora nas actividades contra as violencias machistas
En plena campaña pola conmemoración do día contra as violencias machistas (25 de novembro), Aever, de novo colabora coa campaña impulsada polo Centro de Información á Muller. Tratándose dunha lacra social tan importante como é a violencia machista, sabemos que unha maneira positiva de afrontala é como colectivo, por iso dende AEVER apoiamos as actividades […]
CCU AEVER co FIC Vía XIV
Dende CCU AEVER apoiamos, un ano máis, ó Festival Internacional de Curtas Vía XIV, porque cremos que un evento coma este pode axudar a dinamizar e impulsar o comercio local de Verín. Mercar no comercio local ten premio Por cada compra nos establecementos asociados recibirás un ticket, xuntando 10, terá unha entrada dobre para unha […]
Verín fai un simulacro masivo da morte do seu comercio local
Amañece en Verín e comeza a representación. O escenario está composto por centos de escaparates que mostran unha vila moribunda. A pesar de que é un xoves normal, de compras, xestións, recados e traballo, algo cambiou. Os actores, unhas trescentas persoas que hoxe representan o papel máis triste da súa traxectoria profesional: o día que […]
Campamento urbán AEVER
CCU AEVER Verín organiza, en colaboración co Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, o Campamento Urbán AEVER de Verín. A finalidade desta iniciativa é dinamizar e visibilizar o mercado verinense e, ó mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a CCU AEVER Verín fagan as súas compras mentres os súas fillas e […]
Días azuis do comercio galego. 16.200€ en premios
Por segundo ano consecutivo colaboramos coa campaña «Días Azuis do comercio galego». Unha iniciativa da Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia e Abanca, en colaboración coas federación provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia. A campaña terá lugar entre o 7 e o 21 de maio de 2018, e nela poderán […]
Feira solidaria de Verín 2018
Un ano máis participamos na Feira solidaria de Verín. Con toda a información das ventaxas de pertencer a CCU AEVER Verín, resolvendo dúbidas e compartindo experiencias. Con un rueiro actualizado de todos os asociados por sectores e perfectamente ubicados. Repetimos os inchables solidarios en colaboración con Saudeter. Desta volta todo o recaudado foi para a […]