Recibe as novidades de CCU AEVER no teu correo
Campaña Pozo do demo
A Asociación de Empresarios de Verín colaborará coa organización do evento deportivo Trail Pozo do Demo, unha proba dirixida tanto a público adulto como infantil que se celebrará en Verín. Co obxectivo de apoiar esta iniciativa deportiva e fomentar o consumo no comercio local, a asociación realizará o sorteo de dous dorsais para participar na […]
Día do pai
O próximo 19 de marzo celebramos o Día do Pai. Desde a nosa asociación seguimos traballando e apostando polo comercio local. Dende hoxe ata o 19 de marzo, podedes rexistrar os vosos tickets de compras realizadas nos establecementos asociados a CCU AEVER para participar no sorteo de 3 cheques de 50€, que poderedes gastar nos […]
Asemblea Xeral Ordinaria e información sobre a subvención de dinamización da Xunta de Galicia
Onte celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria, un encontro fundamental para facer balance do traballo realizado e compartir cos socios e socias a evolución das actividades desenvolvidas durante o último período. Durante a sesión tamén se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa planificación das próximas actuacións e os retos da entidade para os vindeiros meses. Foi unha […]
Entroido, amor e comercio local
Febreiro é o mes do amor sempre e do Entroido case sempre! Este ano celebramos o día dos namorados ou San Valentín ao mesmo tempo que o sábado de Entroido. Así que entre charangas, cigarróns, capuchóns e disfraces tamén haberá lugar para o romanticismo e o amor. E como temos dúas datas moi sinaladas para […]
Visita da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a AEVER CCU Verín
Visita de José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, Gabriel Alén Castro,director xeral de Comercio e Consumo á Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín AEVER CCU. AEVER CCU recibiu a visita de Visita de José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, Gabriel Alén Castro,director xeral de Comercio e Consumo á Asociación de […]
Gala de nadal de AEVER CCU Verín
Volve a nosa cita anual, a Gala de Nadal de AEVER CCU Verín, desta volta cunha proposta familiar chea de humor, música e circo da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal!, acompañados polas actuacións de Paco Nogueiras e Zirko Txosko. Cando será a gala? E […]
- « Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- …
- 20
- Siguiente »

