Recibe as novidades de CCU AEVER no teu correo
Nova sesión formativa en AEVER sobre a aplicación Lopróximo
Onte en AEVER tivemos unha sesión de formación sobre a aplicación Lopróximo, unha ferramenta pensada para impulsar e modernizar a xestión e a visibilidade do comercio local. Durante a formación coñecemos as súas principais funcionalidades, como a mellora da conexión entre comercios e clientes, a promoción de produtos e servizos de proximidade, e as opcións […]
AEVER participa na xornada “Encontros con Asociacións” organizada pola Confederación Empresarial de Ourense
A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER) participou na xornada «Encontros con Asociacións», organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), un espazo concibido para fomentar o diálogo, a colaboración e a conexión entre o tecido empresarial da provincia. O encontro reuniu a representantes de distintas asociacións empresariais de Ourense, entre elas Verín, O […]
Xoves e Venres Santo Aberto
¡Xoves e Venres Santo Aberto con AEVER! En AEVER celebramos o Xoves e Vernes Santo cunha campaña especial para dinamizar o comercio local. Durante este día, os nosos establecementos permanecerán abertos só en horario de mañá, para que veciños e visitantes poidan gozar dunha xornada de compras. Ademais, queremos premiar a túa confianza: sorteamos 3 […]
Campaña Pozo do demo
A Asociación de Empresarios de Verín colaborará coa organización do evento deportivo Trail Pozo do Demo, unha proba dirixida tanto a público adulto como infantil que se celebrará en Verín. Co obxectivo de apoiar esta iniciativa deportiva e fomentar o consumo no comercio local, a asociación realizará o sorteo de dous dorsais para participar na […]
Día do pai
O próximo 19 de marzo celebramos o Día do Pai. Desde a nosa asociación seguimos traballando e apostando polo comercio local. Dende hoxe ata o 19 de marzo, podedes rexistrar os vosos tickets de compras realizadas nos establecementos asociados a CCU AEVER para participar no sorteo de 3 cheques de 50€, que poderedes gastar nos […]
Asemblea Xeral Ordinaria e información sobre a subvención de dinamización da Xunta de Galicia
Onte celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria, un encontro fundamental para facer balance do traballo realizado e compartir cos socios e socias a evolución das actividades desenvolvidas durante o último período. Durante a sesión tamén se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa planificación das próximas actuacións e os retos da entidade para os vindeiros meses. Foi unha […]
- « Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- 22
- Siguiente »

