Con motivo da celebración dos Maios e como vén sendo tradición cada ano, Aever organizará o próximo 1 de maio, dentro da programación desta festividade, unha xornada solidaria coa finalidade de recadar fondos para a AECC, a través dos seus inchables solidarios. Para participar, as persoas asistentes deberán presentar tickets de compra correspondentes ás compras […]
Nova sesión formativa en AEVER sobre a aplicación Lopróximo
Onte en AEVER tivemos unha sesión de formación sobre a aplicación Lopróximo, unha ferramenta pensada para impulsar e modernizar a xestión e a visibilidade do comercio local. Durante a formación coñecemos as súas principais funcionalidades, como a mellora da conexión entre comercios e clientes, a promoción de produtos e servizos de proximidade, e as opcións […]
AEVER participa na xornada “Encontros con Asociacións” organizada pola Confederación Empresarial de Ourense
A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER) participou na xornada “Encontros con Asociacións”, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), un espazo concibido para fomentar o diálogo, a colaboración e a conexión entre o tecido empresarial da provincia. O encontro reuniu a representantes de distintas asociacións empresariais de Ourense, entre elas Verín, O […]
Xoves e Venres Santo Aberto
¡Xoves e Venres Santo Aberto con AEVER! En AEVER celebramos o Xoves e Vernes Santo cunha campaña especial para dinamizar o comercio local. Durante este día, os nosos establecementos permanecerán abertos só en horario de mañá, para que veciños e visitantes poidan gozar dunha xornada de compras. Ademais, queremos premiar a túa confianza: sorteamos 3 […]
Campaña Pozo do demo
A Asociación de Empresarios de Verín colaborará coa organización do evento deportivo Trail Pozo do Demo, unha proba dirixida tanto a público adulto como infantil que se celebrará en Verín. Co obxectivo de apoiar esta iniciativa deportiva e fomentar o consumo no comercio local, a asociación realizará o sorteo de dous dorsais para participar na […]
Día do pai
O próximo 19 de marzo celebramos o Día do Pai. Desde a nosa asociación seguimos traballando e apostando polo comercio local. Dende hoxe ata o 19 de marzo, podedes rexistrar os vosos tickets de compras realizadas nos establecementos asociados a CCU AEVER para participar no sorteo de 3 cheques de 50€, que poderedes gastar nos […]
Entroido, amor e comercio local
Febreiro é o mes do amor sempre e do Entroido case sempre! Este ano celebramos o día dos namorados ou San Valentín ao mesmo tempo que o sábado de Entroido. Así que entre charangas, cigarróns, capuchóns e disfraces tamén haberá lugar para o romanticismo e o amor. E como temos dúas datas moi sinaladas para […]
Gala de nadal de AEVER CCU Verín
Volve a nosa cita anual, a Gala de Nadal de AEVER CCU Verín, desta volta cunha proposta familiar chea de humor, música e circo da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal!, acompañados polas actuacións de Paco Nogueiras e Zirko Txosko. Cando será a gala? E […]
Concurso de escaparates de Verín
Hai algo máis máxico que pasear pola nosa vila coa luz e a fantasía dos escaparates de nadal? Seguramente se pensas en escaparates de nadal, pensas en cando eras cativa ou cativo e soñabas con aquel xoguete… Os comercios de Verín tamén sacamos as nosas mellores galas durante o nadal para crear un ambiente de […]
COMERCIOS ABERTOS DURANTE A PONTE DE DECEMBRO
Durante a ponte do 6 ao 8 de decembro os comercios asociados a Aever CCU deciden unirse para abrir as súas portas e así contribuir á dinamización da vila e aumentar , facilitar as compras de nadal e seguir impulsando a campaña “Os 6000 de Verín”. A maioría dos establecementos abren o sábado 6 pola […]











